Santiago promociónase en Pisa
·
A concelleira de Turismo, Reyes Leis,
asiste ao Congreso “Cattedrali europee.
Conservazione programmata”, onde se proxectará o vídeo promocional de Turismo
de Santiago, Santiago é Grande.
·
A concelleira será recibida polo alcalde
da cidade italiana, Marco Filipeschi.
O alcalde de Pisa, Marco Filispeschi, recibirá hoxe ás
15.00 horas á concelleira de Turismo, Reyes Leis, quen asiste ao Congreso
“Cattedrali europee. Conservazione programmata”, no que diferentes expertos
internacionais debatirán acerca dos procesos de rehabilitación nas catedrales
europeas.
Na entrevista co Alcalde, Reyes Leis amosaralle o interese
de Santiago en profundizar nos lazos que unen a ambas cidades, priorizando a
colaboración futura en accións de promoción turística. Marco Filispechi,
acompañado de representantes da vida pública da cidade italiana, visitou
Santiago no ano 2010. Na súa intervención lembrou os vínculos históricos que
unen ambas cidades, destacando as viaxes que Santa Bona programou de
Pisa a Compostela como peregrina e como pioneira dun costume que permanece no
tempo.
No congreso participa a coordinadora científica do Programa
Catedral de Santiago, Concepción Cirujano Gutiérrez. O programa, financiado
pola Fundación Barrié, supón a intervención de maior relevancia realizada ata o
momento na basílica e contempla o desenvolvemento dos proxectos de conservación
preventiva e restauración do Pórtico da Gloria e o seu entorno e das pinturas.
Ademáis, proxectaranse o vídeo promocional de Turismo de
Santiago, Santiago é Grande, onde hai diferentes planos da Catedral, un deles
grabado no seu interior cunha cámara, e un vídeo da Fundación Barrié, que
describe o proceso de rehabilitación da Catedral. Ademáis, distribuirase o
folleto da Catedral, que dende xaneiro se pode adquirir en sete idiomas na
oficina de información turística, e que sintetiza a información máis relevante
sobre a basílica.
Italia é un dos principais mercados estratéxicos para
Santiago. É o terceiro país con maior número de peregrinos, tras España e
Alemaña. Tamén é o único país con dúas conexións aéreas directas, con Milán e
Venecia. Por estes motivos, Turismo de Santiago está reforzando a súa promoción
neste mercado.
Neste ano a empresa municipal participou na BIT Milán, a
maior feira turística do país, organizou un presstrip de xornalistas venecianos
en colaboración Volotea y Asociación Hostelería Compostela. Tamén participou en
Parma na presentación do programa Certo, para a promoción conxunta do Camiño de
Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olaf. E en Roma fíxose unha presentación no
Instituto Cervantes e un “Porta a Porta” con touroperadores coa colaboración de
Turespaña.